Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

91 T O P Ó N I M O S Devesa, A No Catastro de Ensenada rexístrase a existencia dunha casa terreña con horta no lugar de A Devesa , ademais de terras de secaño e monte. Os seus propietarios residían en Erminde e no propio lugar da Devesa. O traballo de campo revelou a existencia dun total de sete lugares que comparten o nome de devesa : — — O actual barrio de A Devesa , chamado tamén A Dovesa. 4 En relación con este lugar existen tamén os topónimos O Camiño da Devesa , As Presas da Devesa , O Pilón da Devesa e Os Campos da Devesa . — — A Devesa (na Fonte Escura). Denominada tamén A Devesa do Rei . — — A Devesa do Muíño (preto de Parada, en Cabral). — — A Devesa (en Erminde). — — A Devesa , A Chan da Devesa , A Devesa Nova , Os Campos da Devesa Nova e A Presa da Devesa Nova (todos eles situados ao norte do Salgueiro, sobre o camiño do Cocho do Lago). — — A Devesa da Castiñeira (na Esqueiriña). Neste caso, semella tratarse dunha antiga carballeira particular ou coutada propiedade da Casa da Castiñeira (Os Cocheiros). — — A Devesa (na Freiría). O topónimo Devesa é moi frecuente en Galiza. Deriva da forma latina defensa , participio do verbo defendere ‘defender, prohibir, vedar’ (Navaza Blanco, 2011: 38). Refírese a superficies orixinalmente arboradas, sometidas a prohibicións ou limitacións de uso. O Padre Sarmiento apunta como orixe posible do topónimo a expresión «Terra Defensa» (Sarmiento, 1970). Tratábase de antigos espazos de uso comunal que a partir do século xv foron apropiados por parte da monarquía, que aínda que permitiu a continuidade de certos aproveitamentos tradicionais (como o caso do pastoreo), por outro lado prohibiu outros como a extracción de leña e madeira, que pasou a estar reservada a certos sectores estratéxicos do reino como a construción naval. En moitos casos, os topónimos actuais conservan aínda esa antiga vinculación coa monarquía, denominándose en moitos casos 4 Na fala común a palabra devesa pronúnciase con frecuencia como dovesa debido a un fenómeno de labialización (desprazamento do punto de articulación dun fonema).

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1