Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 90 Coutada do Trigo, A Coutada da Parachán que linda co Penedo do Gato , coñecido punto de referencia da parroquia de Candeán. Nesta superficie cultivábanse cereais de secaño, concretamente centeo e trigo, como lembra aínda a veciñanza. Resulta clara polo tanto a orixe deste topónimo. A palabra trigo procede do nome xenérico latino desta planta triticum (de tritum , participio de terere ‘mallar’) (Marqués Valea, 2004: 403). Diversas especies e variedades de trigo (Triticum spp . ) foron sementadas ao longo da nosa historia debido ao seu alto valor nutricional e serviron de base para elaborar pan, ben en forma pura, ben mesturado con outros cereais. O seu cultivo está amplamente documentado no norte peninsular durante a Idade de Ferro (Torres Martínez, 2005: 228). No Catastro de Ensenada non aparece este topónimo, pero si «A Trigueira» ou «As Trigueiras». É posible que se corresponda co mesmo lugar, pero non temos plena certeza. Coutada dos Carballos, A Está situada na Parachán. Véxase A Carballeira. Cudosal, O Este topónimo localízase nunha zona de coutadas que existe sobre A Rabadeira. A única forma que recollemos sobre o terreo foi O Cudosal . Podería tratarse dunha alteración dunha forma orixinal O Codesal . Xa vimos anteriormente que o topónimo Codeside pode presentar a variante Cudeside, por efecto da harmonización vocálica. Codesal é unha forma derivada de codeso que incorpora o sufixo - ale . O seu significado é o mesmo ca o doutros topónimos abundanciais referidos ao mesmo arbusto visto anteriormente, como Codeside , Codesedo e Codeseda ‘lugar poboado de codesos’. Porén, a labialización do e átono de Codesal en ausencia de labiais ou de bilabiais semella estraña, polo que non podemos desbotar unha etimoloxía distinta para este topónimo, descoñecida para nós. Véxase Codeside.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1