Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

89 T O P Ó N I M O S vez do latín vulgar cutisus , derivado do clásico cytisus (Navaza Blanco, 2006: 219). Codeso é o nome que recibe en galego un arbusto da familia das leguminosas, que garda unha certa semellanza coas xestas ou xiestas (que precisamente teñen como nome científico Cytisus spp .). No entanto, o nome científico do codeso é outro: Adenocarpus lainzii . Medra en beiras de camiños e leiras agrícolas, con frecuencia ricas en nitróxeno, e pode cubrir por completo campos de cultivo abandonados. Existe en Galiza unha segunha especie de codeso moi parecida á anterior, Adenocarpus complicatus , pero esta aparece nas orlas forestais e carballeiras aclaradas do interior. O Codeside (tamén chamado Monte de Codeside ou Coutadas de Codeside ) é o nome dunha elevación do terreo que se sitúa na marxe dereita do río de San Cristovo, modelada durante a Idade de Ferro, onde se encontran os restos dun poboamento castrexo. Vinculados con este espazo encontramos os topónimos O Camiño de Codeside , A Cruz de Codeside , Os Campos de Codeside , Coudeside de Abaixo e O Río de Codeside (un dos moitos nomes que toma o río de San Cristovo). Ademais de Codeside , escóitanse tamén en Candeán as variantes Cudeside, 3 Coudeside e Codecide . No Catastro de Ensenada o sufixo - ide («Codezide», «Codeside») alterna con - ido («Codezido»). A Cruz de Codeside , situada aos pés do castro 3 A forma Cudeside débese a un fenómeno de harmonización vocálica: o o átono pecha en u pola presenza dun i tónico.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1