Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 88 comparten a mesma forma son O Aceviñeiro e Os Aceviñeiros , que se localizan nos concellos ourensáns de Lobios, Muíños e Verea. Aceviño é por outro lado o diminutivo de acevo , unha das variantes que mencionamos antes. O aceviño é unha pequena árbore de follas perennes, ríxidas e bordeadas de espiñas (sobre todo as inferiores). É moi frecuente en zonas montañosas, onde se observa en gran número mesturado con carballos e outras árbores frondosas autóctonas nas devesas de altura. Tamén aparece salpicando as urceiras e as orlas forestais que bordean este tipo de bosques. Na costa rarea bastante, e resulta moi escaso nos montes que rodean a cidade de Vigo. A presenza no pasado dun exemplar de aceviño nesta parte da parroquia de Candeán deu nome posiblemente a estes regadíos e coutadas. Os exemplares femininos da especie presentan uns froitos vermellos na madurez, que contrastan vivamente co verde escuro e lustroso das follas. Desde hai décadas, existe unha forte demanda destes ramos durante a época de Nadal, comercio que conduciu a un exceso de explotación destas árbores (afectando especialmente os aceviños de xénero feminino). Esta situación levou a que no ano 1984 a Xunta de Galicia emitira unha orde que declaraba o acivro como a primeira especie protexida pola lexislación autonómica, orde que foi derrogada no ano 2018, e despoxou o acivro da protección legal da que gozaba. A rareza do aceviño nos montes periurbanos de Vigo supliuse coa substitución desta especie pola xilbarbeira (Ruscus aculeatus) , que presenta unhas falsas follas igualmente ríxidas e escuras, rematadas nunha punta aguda, e (nos exemplares femininos) unhas bagas vermellas semellantes ás do acivro. Este pequeno arbusto, que medra especialmente baixo carballos e sobreiras, sufriu igualmente a presión do comercio no Nadal. A palabra acivro deriva do latín aquifolium ‘acivro’. A evolución foi semellante á que experimentou a voz trevo (de trifolium ) (Navaza Blanco, 2006: 36). Codeside O topónimo Codeside componse da raíz codeso mais un sufixo abundancial - ide (de - ido ). Como Codesedo e Codeseda , significa ‘terreo onde abundan os codesos’. O substantivo codeso provén á súa

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1