Toponimia do Val do Fragoso - Candeán
I n t r o d u c i ó n 7 Introdución 1 E n antigas turbeiras, os grans de pole que inundaban o ar hai miles de anos foron pousando coma fina poalla sobre un leito ácido de musgos, plantas insectívoras e xuncas de algodón. Ininterrompidamente, ano tras ano, século tras século, milenio tras milenio. Aquí un gran de pole de bidueiro, ao seu carón de carpe, máis alá outro de faia… As condicións tan propias que reinaban nestas zonas húmidas fixeron que estas partículas ficaran fosilizadas nun magma vexetal que chamamos turba. Hoxe en día os tremedais , lagoas ou arroios son ecosistemas ameazados, pero a turba existente nestes medios proporciónalles ás persoas investigadoras unha valiosísima información sobre a flora e a vexetación que existiron en cada momento da nosa historia e prehistoria, ordenada cronoloxicamente en secuencias de miles de anos de antigüidade. Coa toponimia sucede algo semellante. Un verdadeiro manto toponímico cobre os lugares habitados, as terras de cultivo e os montes, incluídos os fraguedos e os laxiais . Neste substrato inmaterial consérvanse un gran número de elementos denominados topónimos. Estes, a diferenza dos grans de pole, aparecen nun mesmo e único estrato, independentemente da súa antigüidade. Podemos encontrar, así, palabras de orixe prerromana a carón de topónimos de recente creación, derivados moitos destes do nome ou do alcume dos propietarios contemporáneos dunha parcela ou vivenda. Aínda que nalgúns casos o seu significado é transparente, en ocasións só unha análise lingüística pormenorizada nos permite investigar a súa procedencia e o seu significado.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1