Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

87 T O P Ó N I M O S Ceviñeiro, O É unha área de cultivos e coutadas situada entre A Igrexa e O Salgueiro, que xa aparece incluída no Catastro de Ensenada cos nomes de «Zebiñeiro», «Zibiñeiro» e «Zibiñeira». A recollida de campo deparou ademais as seguintes formas: Ceviñeiro ou Os Ceviñeiros , Os Ceviñeiros de Arriba , Os Ceviñeiros de Abaixo , O Ceviñeiro Largo, O Ceviñeiro Corto , O Camiño do Ceviñeiro , A Presa dos Ceviñeiros e As Coutadas dos Ceviñeiros . Ceviñeiro alterna na fala local con Zuviñeiros , Civiñeiros , Zoviñeiros , Ceviñeiros e Aceviñeiros . Esta última é precisamente a que mellor conserva a forma orixinal da cal derivan todas as demais: Os Aceviñeiros . Aceviñeiro é un derivado con sufixo - eiro de aceviño , unha das numerosas variantes que presenta en galego o nome da árbore denominada cientificamente Ilex aquifolium , coñecida no noso país como acevo , acevro , acivo ou o normativo acivro . No suroeste de Ourense e sur da provincia de Pontevedra recibe o nome de aceviño , análogo ao portugués azevinho . Outros topónimos que practicamente Cerquiño ( Quercus pyrenaica )

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1