Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

85 T O P Ó N I M O S evolucionaría nalgúns casos a cerzeira , forma precursora de cerdeira (Navaza Blanco, 2006). Rexistramos en Candeán tres topónimos que conteñen a palabra cerdeira : — — As Cerdeiras (ao pé do castro de Codeside). — — Chan da Cerdeira (na Fonte Escura). — — A Cerdeira (no Monte Pequeno). — — Existiría ademais un topónimo non localizado A Cereixeira , que apuntaría a unha posible convivencia na parroquia de Candeán das formas, cerdeira e cereixeira . Cerqueiro, O O Cerqueiro (en plural Os Cerqueiros ) era unha superficie agrícola, hoxe parcialmente urbanizada, que se encontra baixo o antigo núcleo de Rabodeasno. No Catastro de Ensenada aparecen varios topónimos con este nome, incluíndo parcelas de cultivo e coutadas. Ás veces estes topónimos presentan xénero feminino, vacilando entre as formas Cerqueiro e Cerqueira : «A Coutada da Zerqueira» (ou Cerqueira ) ou «Coutada de Zerqueiro» e «Campo de Zerqueiro». Quizais estas Coutadas do Cerqueiro ou da Cerqueira se situaban nas proximidades da actual Devesa do Muíño . Este topónimo podería ser un derivado de cerca , «construción feita con estacas ou outro material coa que se cerra unha propiedade» (Dicionario da Real Academia Galega), pero o máis probable é que proceda da forma latina cerquariu / cercariu , de quercus ‘carballo, aciñeira ou sobreira, árbore produtora de landras’. Cerqueiro é un dos nomes que recibe en galego a árbore Quercus pyrenaica . Tamén é coñecido como carballo negral , carballo mouro , rebolo e carballo cerquiño , entre outros. Precisamente, esta última forma (carballo cerquiño) escoitámola nunha ocasión en boca dun veciño de Candeán, e está presente ademais noutras parroquias do concello de Vigo. As variantes cerquiño , cerqueiro e cerqueira (derivadas de quercus ) están rexistradas na fachada atlántica galega, mentres que as outras formas serían máis propias do interior do país. No lugar de Prado (Gondomar) rexistramos ademais a forma carballo cerqueiro , e o carballo común recibe o nome de ‘carballo blanco’.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1