Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 84 Aparece ademais rexistrado no Catastro de Ensenada como «Zentieyra» ou «Zenteeyra». Os cultivos de centeo (Secale cereale) sitúanse polo xeral en superficies marxinais, fóra das mellores terras agrícolas. O centeo é un cereal de secaño moi resistente ao frío e adaptado aos solos pobres, que foi plantado con frecuencia en zonas montañosas do interior de Galiza, onde tivo moita importancia na alimentación das comunidades labregas. De feito, é coñecido en moitos lugares co nome de pan . Xunto do trigo, foi un compoñente fundamental das estivadas , cultivos de cereais de secaño que se realizaban en terras de monte comunal que se cavaban, queimaban e sementaban periodicamente. O nome centeo deriva do distributivo latino centenum (do numeral centum ). Pois segundo declaraban Plinio e Santo Isidoro: «un rende un cento», aludindo á extraordinaria produción deste cereal (Navaza Blanco, 2006: 195). A forma Centeeira provén en concreto de centenaria , centenariu (> centenum ). A planta do centeo proporcionaba a chamada palla centea ou colmo , compoñente fundamental das antigas cubertas vexetais ou colmados . Con todo, a función principal do centeo foi a produción de gran para o consumo humano, destinado en particular á elaboración de pan: «Centeno, especie de cereal bastante comun, cuyo grano hace buena mezcla con el trigo y con el maiz tambien, principalmente si se le añade una sesta ú octava parte de mijo menudo y panizo» (Rodríguez Gil, 1863). Cerdeira, A Nome común de Prunus avium , árbore caducifolia que medra de maneira espontánea nos bosques do interior de Galiza, pero que podemos encontrar plantada en terras agrícolas de todo o país, como árbore froiteira. Dispersados os seus froitos polas aves, podemos encontrar cerdeiras naturalizadas nalgúns montes do concello de Vigo, en escaso número. En Candeán recibe o nome de cerdeira , aínda que noutras parroquias viguesas é coñecida tamén como cereixeira , forma afín ao portugués cereijeira . O nome desta árbore deriva do seu froito, a cereixa , chamada en latín vulgar ceresia (> latín clásico cerasium ‘cereixa, froito comestible da cerdeira, de tipo drupa’). A denominación antiga da árbore, ceresaria ,

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1