Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

83 T O P Ó N I M O S forma resulta pouco común en Galiza, excepto na zona suroccidental (Navaza Blanco, 2011). A palabra castañal é un xenérico que permanece vivo na fala de Candeán. Semella presentar un significado distinto a Souto . Así, mentres un souto é unha masa de castiñeiros destinada á produción mixta de froito, leña e madeira, un castañal era unha superficie ocupada por cañotas de castiñeiro vivas, pero que carecían de tronco. As varas ou pólas que brotaban periodicamente do pé destas árbores cortábanse en ciclos de cinco anos. En Cabeiro traballaban numerosos artesáns cesteiros que demandaban este produto. Acudían a estas plantacións na procura de materia prima, que transportaban en carros de bois ata a parroquia redondelá. O destino destas varas, que se deixaban a amolecer en auga e fendían posteriormente en forma de láminas, era a elaboración de cestos. Véxase O Souto. Castiñeira, A A variante de castiñeiro castiñeira pode designar un pequeno souto, certas variedades de castiñeiro de menor porte do habitual, ou ben que producen certo tipo de castañas alongadas. Non obstante, tamén pode ter unha orixe antroponímica, ao nomear as propiedades dunha persoa de apelido Castiñeira . Este semella ser o caso dos topónimos de Candeán que conteñen esta forma, situados todos eles arredor dos Cocheiros e, para sermos máis precisos, á Casa da Tía Pilar da Castiñeira , A Casa da Castiñeira, O Lugar da Castiñeira, A Devesa da Castiñeira e A Esqueiriña da Castiñeira . Centeeira, A Topónimo que se repite en tres lugares distintos da parroquia de Candeán: — — As Centieiras , As Centieiras de Arriba e As Centieiras de Abaixo (baixo a Torre dos Mouros). — — A Cintieira , chamada tamén Cintieiras ou Centieiras (na Lomba). — — A Centeeira (coñecida tamén como Centeeiras ou Centieiras ) e O Camiño das Centieiras (no Caeiro, actualmente na parroquia de Cabral).

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1