Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 82 O Carballo de Xan Méndez erguíase sobre O Camiño de Xan Méndez que conducía á súa vez á Casa de Xan Méndez . Situábase na encrucillada que existe sobre O Regueiro, na Fonte Escura, cando neste lugar apenas existían edificacións e aínda se conservaba unha pequena devesa de carballos e castiñeiros ao seu carón, chamada O Castañal . Véxase Carballeira Carrasqueiro, O Coutadas que se localizan sobre A Freiría. Reciben ademais os nomes de A do Carrasqueiro , As Coutadas do Carrasqueiro e A Coutada dos Carrasqueiros . Baixo este terreo forestal existen uns prados coñecidos como Os Seguedos do Carrasqueiro . Carrasqueiro é unha forma derivada de carrasco , nome xenérico de diferentes especies da familia das ericáceas. Non resulta frecuente que estas plantas reciban nomes específicos, pero na área comprendida entre A Ría de Vigo e O Baixo Miño puidemos recoller algunhas destas formas, como carrasco macho (Calluna vulgaris) e carrasco femia ou carrasco de arroio (Erica ciliaris) . Nas parroquias do concello de Vigo tamén existe a forma carrasca , pero esta refírese a outra familia vexetal distinta: a das cistáceas. Así, ‘carrasca blanca’ é o nome que recibe en Comesaña a especie Cistus psilosepalus , de rechamantes flores brancas. Carrasco , carrasca , carqueixa , carrameixa e outros nomes de pequenas plantas de base leñosa e hábitats montesíos comparten unha mesma raíz kar -, de orixe preindoeuropea, que podería referirse a unha «planta de terreno fragoso, de roca, planta dura» (Rivas, 1982: 77). Castañal, O Topónimo que encontramos en Cabral preto dos límites parroquiais de Candeán, fronte a castro de Codeside. Pero tamén está presente en distintos puntos da parroquia: — — Castañal (na Regueira, A Fonte Escura). — — Castañal (nos Cocheiros, A Rabadeira). — — Castañal (en Subride). Do latín castaneale (> castanea ‘castiñeiro’) deriva o galego castañal , que designa un lugar cuberto de castiñeiros (Navaza Blanco, 2006). Esta

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1