Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

81 T O P Ó N I M O S devesas , que en moitos casos foron substituídos posteriormente por árbores de crecemento rápido como piñeiros e eucaliptos. A pesar do común que resulta na fala popular a palabra carballeira , esta deixou escasos rastros na toponimia de Candeán. Quizais este feito sexa debido, precisamente, á existencia dun xenérico devesa que presenta un significado moi semellante a carballeira . A Carballeira (en plural As Carballeiras ) é unha zona de cultivo próxima á Lagoa (A Rabadeira), preto das coutadas das Pedriñas. No antigo límite das parroquias de Candeán e Cabral, nos Currás, existía a chamada Carballeira ou Carballeira do Picos . Carballiño, A Fonte do Está situada no norte do barrio da Igrexa, entre coutadas e terras de cultivo. Carballiño é diminutivo de carballo . O topónimo refírese posiblemente a un pequeno carballo que existía nas proximidades do manancial. Quizais teña relación co topónimo «Fuente do Carvallo», que aparece mencionado no Catastro de Ensenada como nome duns terreos de monte e regadío propiedade dun veciño do lugar da Igrexa. Vinculado co mesmo lugar aparece tamén no citado documento un «Carvallo Zerrado». Véxase A Carballeira. Carballo de Xan Méndez Os carballos centenarios son exemplares singulares de gran tamaño que destacan na paisaxe e constitúen por si mesmos fitos xeográficos que reciben un nome propio. Estes nomes aluden ao santuario ao que están consagrados (O Carballo de Santa Mariña , O Carballo de Santa Margarida) , ao pazo ao que están vinculados (Carballo do Pazo de Cartelos , Carballo da Casa do Herdeiro) , ao núcleo rural onde se encontran (O Carballo do Pelete) ou a algunha característica destas árbores (como o caso do desaparecido Carballo das Cen Pólas ). Algúns recibían o nome feminino de carballa ‘carballo de grandes dimensións’. Pero outros tomaron o nome do seu propietario ou da persoa que o plantou. Este sería o caso do Carballo do Vello (Chandebrito, Nigrán), O Carballo de Martiz (Amoedo, Pazos de Borbén) ou en Candeán, do Carballo de Xan Mendes .

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1