Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 80 e non a troca por un ‘ñ’ como fai o castelán (cana/caña) . A toponimia portuguesa podería de feito non rexistrar este topónimo (Navaza Blanco, 2006). En todo caso, de tratarse dun castelanismo, a súa introdución no galego foi moi temperá, pois a palabra cañota xa aparece documentada no noso país no século xv . Ademais de cañota , na parroquia de Candeán existe así mesmo a variante cañoto , que aparece nun topónimo do Monte Pequeno que non foi localizado: O Cañoto ; tamén está presente como alcume familiar (Os Cañotos , As do Cañoto) . Carballeira, A É un xenérico moi usado en galego que designa, como sabemos, un bosque ou un conxunto de carballos. A palabra prerromana carballo deriva posiblemente dunha voz carba sucedida dun sufixo - aliu . O nome latino do carballo é robore , e deu lugar a outro grupo de topónimos distinto entre os cales se encontraría a forma Reboreda (véxase O Cerqueiro ). Co nome carballo desígnanse varias especies distintas de quercíneas ‘árbores produtoras de landras’ de folla caduca, sobre todo a especie Quercus robur . Outro carballo que tamén foi mencionado por algúns informantes é o cerquiño (Quercus pyrenaica) , pero este é moi escaso nesta área xeográfica e polo contrario abundante no interior de Galiza, en zonas de influencia mediterránea (véxase O Cerqueiro ). A diferenza de carballo , cerquiño procede da palabra latina quercus , nome xenérico que engloba todas as especies de carballos, ademais de sobreiras e de aciñeiras. O carballo é con diferenza a especie máis representativa do bosque autóctono na maior parte de Galiza, incluídas as Rías Baixas. Aquí aparece acompañada por outras árbores que medran en menor número, como a sobreira (Quercus suber) , a pereira brava (Pyrus cordata) e o loureiro (Laurus nobilis) . As sucesivas deforestacións que se produciron neste territorio desde o Neolítico transformaron a maioría destas carballeiras en terras de cultivo, así como en pastos leñosos de mato atlántico. Aínda así, o carballo continuou sendo unha especie indispensable para o provisionamento de leñas, madeira para a construción, mangos de ferramentas, froitos e outros moitos recursos. De modo que sempre se conservaron exemplares illados en propiedades particulares, e rodais e pequenos bosques de carballos denominados

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1