Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 78 leonesa ume(i)ro , poderían proceder dunha raíz preindoeuropea um -, am - ou ab - ‘auga’ (Navaza Blanco, 2006). Balanciña, A Véxase o apartado Os primeiros núcleos de poboamento (capítulo 3). Bosque, O É unha zona de coutadas, campos e vivendas próxima ao lugar do Salgueiro. A palabra bosque é relativamente recente no noso país, xa que substitúe na Idade Media a forma latina silva ‘selva’, que pasou a nomear a silva ou silveira (Rubus spp . ) (Navaza Blanco, 2007a). A forma bosque , pola súa parte, procede do occitano bòsc, e aínda que desprazou en galego a anterior silva latina, tivo no entanto un escaso éxito como nome común. A lingua galega prefire outras formas, xerais ou específicas, para referirse a unha superficie arborada: carballeira , devesa , souto , pinal , fraga etc. A palabra bosque ten nesta comarca escasa presenza e un sentido mesmo pexorativo: ‘zona de vexetación intricada, dificilmente transitable’. Representa a antítese da paisaxe cultural (cultivos, soutos xestionados para a produción de castaña, devesas sometidas a podas periódicas, pasteiros naturais, mato rozado e pastado polo gando etc.). Á par da palabra bosque encontramos tamén a forma boscal , substantivo presente na comarca miñorana. Candea, A Parcela agrícola estreita, hoxe urbanizada, que se situaba na cabeceira das leiras de A Caeira , na Poba. En Candeán, como noutras moitas partes de Galiza, candea é o nome que recibe a inflorescencia ‘conxunto de flores’ do castiñeiro. No concello veciño de Mos, no entanto, as candeas son as acículas ou follas de piñeiro. Para nomear a frouma do piñeiro, en Candeán existe unha forma distinta: espiñaceiro . A palabra candea ten ademais outras acepcións no noso país, como ‘ pondón do millo’ ou ‘inflorescencia de abeleira, bidueiro e outras especies’.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1