Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 76 Ameixeira, A A ameixeira é a árbore froiteira que produce as ameixas. Esta palabra deriva do nome do froito, ameixa , mais o sufixo - aria . Á súa vez, ameixa podería proceder do nome latín desta drupa, damascena pruna ‘a ameixa de Damasco’, pois considerábase oriúnda da capital siria (Navaza Blanco, 2006). A Ameixeira (ou As Ameixeiras ) é o nome dunha superficie agrícola dividida en longas parcelas particulares, que se dispoñen paralelas entre o camiño da Rabadeira e o socalco inferior. No Catastro de Ensenada, a «Ameijeira» ou «Ameixieira» xa aparece vinculada a seis propietarios distintos. Tratábase como agora de terras de cultivo, que incluían tamén unha horta. Entendemos que esta horta estaría relacionada co pequeno núcleo de A Lagoa , próximo á Rabadeira. As hortas máis exteriores, que en Candeán son denominadas con frecuencia enxidos , conteñen habitualmente árbores froiteiras, entre as cales se encontra a ameixeira (Prunus domestica) . Abeleira ( Corylus avellana ) nas proximidades da ponte de San Cristovo

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1