Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

75 T O P Ó N I M O S A flora Abeleiral, O O Abeleiral ou Beleiral é unha ladeira situada nos Cocheiros, a carón do Río Vello. No Catastro de Ensenada consta como unha «dehesa» de dous ferrados de superficie e campos de secaño. As regueiras e valgadas húmidas de certa pendente, nas proximidades dun curso de auga, son o hábitat característico da abeleira (Corylus avellana) en gran parte de Galiza. No contorno da cidade de Vigo é unha especie escasa e moi localizada, aínda que en lugares favorables (como as ribeiras do río Eifonso) pode chegar a formar pequenos abeledos de gran riqueza ecolóxica. Da abeleira aproveitábanse os brotes novos, moi rectos, como vara dos bois. O seu froito ( a abelá) é de pequeno tamaño nas variedades silvestres, pero recollíase igualmente para o consumo humano no outono. Na zona occidental galega esta arboriña recibe o nome de abeleira , a diferenza do resto de Galiza, onde predomina a forma abelaira . A palabra abeleira deriva de abellanaria , do latín abellana ‘relativo á cidade de Abella’ + - aria . Durante a época do Imperio romano, a cidade de Abella (na rexión italiana da Campania) tiña moita sona polas súas abelás, as chamadas abellana nux ‘noces de Abella’. De aí que este froito seco pasara a denominarse ‘ abellana ’ (Navaza Blanco, 2006). O topónimo Abeleiral componse do nome da árbore, abeleira , mais un sufixo colectivo - ale . Un abeleiral será, xa que logo, unha formación ou bosque de abeleiras.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1