Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 72 Codeside , Río de San Cristovo , Río da Goleta , Río Vello , Río da Pomba , Río da Roza ou Regato da Roza , Río do Salgueiro , Río do Cocho do Lago e Río da Ribera . Aínda que de menor caudal, ao pé da Rabadeira discorre outro regato que recibe nomes como Río do Souto , Río Vello, Río do Loureiro ou Río do Crasto . Outros topónimos que conteñen esta palabra, referidos a pequenas correntes de auga, son os seguintes: — — O Río da Regueira (baixo o Xunco Mariño). — — O Río da Regueira (baixo o lugar da Regueira, na Fonte Escura). — — O Río do Rial ou Río de Cernades (na Freiría). — — O Río de Regoufe . — — O Río da Fonte Escura . Río Vello, O Coñécese con este nome o tramo de río ao que lle foi subtraída unha parte do seu caudal, que é desviada nun peirao situado no extremo superior, e conducida cara a uns muíños ou terras de regadío. Alí onde as augas son devoltas novamente ao seu leito, río abaixo, este recupera o seu caudal orixinal. Ese sector do curso do río que baixa co seu caudal diminuído é o que se coñece como un río vello . Durante o traballo de campo atopamos tres ríos vellos distintos na parroquia de Candeán: — — O Río Vello (baixo As Presas da Devesa). As súas augas descenden cara á Xunqueira e á Pontecela, e é afluente do río de San Cristovo. — — O Río Vello (entre A Goleta e O Salgueiro, no propio río de San Cristovo). — — O Río Vello (afluente do río de Cernade, que atravesa os campos dos Cocheiros e da Rabadeira). Presentan este nome ademais As Coutadas do Río Vello e As Presas do Río Vello . A tradición oral de Candeán conserva aínda o significado destes topónimos: — — «A aghua baixa encañada pá os muíños. Se é muita bótase po Río Vello» (A Goleta). — — «No Pontillón tandeaban ‘repartían’ a aghua». Cando baixaba moita, no peirao dos Muíños da Goleta desviábana para O Río Vello (A Goleta).

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1