Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

71 T O P Ó N I M O S O topónimo Rial de Leiros nomea uns terreos situados no nacemento dun pequeno afluente do río de San Cristovo. Está composto por dous elementos: o primeiro deles (Rial) aludiría á localización destas parcelas nas marxes dun regato. O segundo indícanos que neste lugar existían varios leiros . En Lugo, a palabra leiro designa unha pequena parcela agrícola (Rivas Quintas, 1978). Véxase Rial. Ribeira, A É un topónimo que presenta en Candeán formas moi diversas, como A Riveira ou As Riveiras , A de Rivera , A da Rivera , A Ribeira do Río , O Camiño da Rivera e A Ribeira de Xan Panas . A pesar de situarse nas marxes do río de San Cristovo, no seu curso alto, recibindo naquel lugar o nome de Río da Rivera pensamos que en realidade deriva dun antropónimo Rivera , forma castelanizada do apelido Ribeira . O Catastro de Ensenada rexistra unha superficie de 64 ferrados de monte en Candeán propiedade de «Thomas de Rivera», residente en San Nicolás de Prado (Ponteareas). Non coñecemos a localización deste terreo, que o Catastro sitúa no «Porto da Fraga», pero unha veciña de Erminde revelounos que os seguedos e as coutadas que reciben este nome foron propiedade nun tempo da familia dos Rivera . En orixe, ribeira é un substantivo que alude ás marxes dunha corrente ou dunha masa de auga. Deriva do adxectivo latino ripariam . Río A palabra río procede do latín rivus ‘río, canle’ (Marqués Valea, 2004: 67). Designa en galego todo tipo de correntes de auga doce, independentemente do seu caudal ou da súa situación ao respecto dos distintos tramos (alto, medio ou baixo). Os ríos de maior caudal adoitan presentar un nome único e constante ao longo de todo o seu curso ( Río Miño , Río Lérez etc.). No entanto, os ríos e os regatos de escaso caudal cambian de nome tramo a tramo e adoptan os topónimos dos lugares que atravesan. Así, para o Río de San Cristovo , principal corrente de auga de Candeán, recollemos as seguintes formas: Río de Figueiras , Río das Covas , Río das Pereiras , Río de Parada , Río da Macheta , Río de

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1