Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 70 presenta tampouco pendentes pronunciadas. Ademais, o Catastro de Ensenada non rexistra en ningún caso unha hipotética Ruxidoura . Entendemos que este topónimo deriva do latín regere ‘conducir, dirixir, gobernar’. Quizais se refira a algún elemento que rexía ou renxía as augas procedentes da Devesa Nova, que serían canalizadas cara ás superficies de regadío. Os campos do Rexedouro encóntranse precisamente a menos de 100 metros do pequeno núcleo de As Cales . Véxase As Cales. Rial, O Observamos unha confusión moi estendida na fala local entre as formas O Rial e O Real (ou en plural, Os Reales), que se alternan dependendo das persoas informantes. O Rial (ou Real) é unha superficie agrícola situada nas ribeiras do río de Cernade, afluente do río Lagares que nace nas Pozas do Colazo, na estrema entre as parroquias de Candeán e Vilar de Infesta (Redondela). Localízase baixo o lugar da Freiría, onde tamén se encontran A Poza do Rial , O Río do Rial e As Veigas do Rial . Como no topónimo principal, nestas formas tamén existe a dualidade Rial/Real. O hidrónimo Rial deriva probablemente do latín rivale ‘o que se encontra na outra beira do rivu ou río’. Esta forma clásica daría orixe así mesmo á palabra rival ‘adversario, opoñente, persoa que se sitúa en fronte nosa’. Trátase dun topónimo que aparece con frecuencia nomeando veigas ou terras agrícolas situadas nas marxes dun curso de auga, que se encontrarían na ribeira oposta dun río ou regato, a respecto dun posible observador. Rial de Leiros Tamén aquí alternan na fala local as formas Rial de Leiros e Real de Leiros ; mesmo existe unha terceira variante Rendeleiros . A situación destas parcelas agrícolas nas marxes dun pequeno regato, así como a documentación histórica que consultamos (o Catastro de Ensenada rexistra as formas «Rial de Leiros» , «Rial de Leiro» e «Rua do Leiro»), confirmarían a etimoloxía que propomos para o topónimo Rial , que derivaría da palabra latina rivali , fronte a un pouco probable real como propiedade monárquica, procedente do substantivo tamén latino rex ‘rei’.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1