Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

69 T O P Ó N I M O S a forma regueiro sempre en plural, polo que supoñemos que desde o primeiro momento aludían a varios regueiros distintos (encóntranse na Goleta). — — O Regueiro e O Camiño do Regueiro (na Vesada). Un regueiro é unha pequena corrente de auga, que pode ser de carácter natural, ou ben un rego ou canle artificial. Como voz viva na parroquia de Candeán, refírese a unha condución de auga (rego) destinada a regar campos de cultivo. A palabra regueiro podería proceder da voz celta reku , aínda que tamén conflúe co verbo latino rigare ‘regar’ (Carrasco Joaquín e Navaza Blanco, 2014). Rexedouro, O É o nome dunha superficie de cultivo próxima ao Salgueiro, coñecida como O Rexedouro ou Os Rexedouros , 2 preto da cal se encontran As Presas do Rexedouro . No Catastro de Ensenada aparece en ocasións con xénero masculino: « Rejedouro de Avajo», «Rejedoiro do Medio». Pero con maior frecuencia con xénero feminino: «Rejedoira», «Rejedoura», «Rejedoura de Avajo», «Rejedoira de Avajo» e «Rejedoyra de Avajo». Non varía porén o número, que no documento histórico aparece en todos os casos en forma singular. É posible, polo tanto, que o topónimo orixinal fose A Rexedoura . No século xviii , estes campos estaban rexistrados como terras de secaño, pero tamén como superficie forestal de «dehesa» (presumiblemente carballeira), con algo máis dunha hectárea de extensión. Descoñecemos cal é a orixe deste topónimo, que aparece relacionado cos ríos: Fervenza da Rexidoira e Ponte da Rexidoira (Cesuras), Muíño da Rexedoira (O Pino) etc. Tense sinalado a posibilidade de que proveña do latín rugire ‘ruxir’, polo son que producen as augas en rápidos e fervenzas (Dasairas Valsa, 2000). No entanto, o pequeno regueiro que discorre polos pés deste lugar ten un caudal moi escaso, e a zona non 2 O sufixo - ouro é característico da fala do sur da provincia de Pontevedra. Podemos encontralo en moitos topónimos (Fontoura, Ancoradouro, Rapadouro) e voces populares (delourar, vasoura, couro etc.). Pola contra, a forma máis estendida no resto do país é - oiro (Ancoradoiro, Fontoira...).

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1