Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 68 Regueira, A A voz regueira é un xenérico vivo no contorno de Vigo, que designa unha depresión do terreo ou valgada a través da cal circula unha corrente de auga. Conteñen a palabra regueira os seguintes topónimos de Candeán: — — A Regueira (pequeno núcleo habitado), A Fonte da Regueira , A Presa da Regueira , O Camiño da Regueira e O Río da Regueira (na Fonte Escura). — — A Regueira (sobre As Presas do Xunco Mariño, no Monte Pequeno) — — As Regueiras , OCamiño das Regueiras , As Coutadas das Regueiras e Os Seguedos das Regueiras . Neste caso presenta unha forma en plural As Regueiras, pois sobre este lugar conflúen efectivamente dúas regueiras ou valgadas distintas. A zona está situada preto do núcleo de Erminde, no cabo do mal chamado Camiño do Gumersindo (que realmente é o nome tradicional doutro camiño paralelo). O seu nome correcto é O Camiño das Regueiras . O nome regueira , que se corresponde coas formas medievais rekaria , regaria , requera e outras afíns, está relacionado coas voces reco e rego , derivados posiblemente do celta reku . Regueiriño, O Diminutivo de regueiro . É o nome dunha terra de cultivo situada a carón do camiño do Cabo (A Freiría), que posiblemente se refira a algún pequeno regueiro próximo. Quizais o regueiro orixinal se nutría doutro topónimo tamén en diminutivo: A Fontiña . Véxase O Regueiro. Regueiro, O É un topónimo que se repite en distintos lugares da parroquia: — — O Regueiro e O Camiño do Regueiro (na Poba). — — O Regueiro (baixo as Presas do Xunco Mariño, no Monte Pequeno). — — Os Regueiros , O Seguedo dos Regueiros , O Camiño dos Regueiros e Os Campos dos Regueiros . Estes topónimos recollen

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1