Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 66 Os Presotes (A Poba), Os Presotes (O Cotobade), O Presote de Arriba e O Presote de Abaixo (baixo a Fonte de Suasárbores), O Presote (nas Queimadas, A Goleta) e Os Presotes (A Poba). Regadas, As Nome que recibe un pequeno núcleo rural (que se observa na fotografía do voo americano dos anos 1956/1957), xunto con veigas húmidas e coutadas, situados todos eles no oeste da Rabadeira. Coñécense como As Regadas , As Coutadas das Regadas e Detrás das Reghadas . No Catastro de Ensenada As Regadas aínda non figuran como lugar habitado, pero si como terras de monte , terrestal e secaño , que recibían os nomes de «As Regadas», «Regadas de Avajo» e «Cocho das Regadas». A palabra regada deriva de rego e pode significar ‘cantidade de auga que corre por un rego’ ou ‘terreo á beira dun río ou regato’ (Dicionario da Real Academia Galega) . En realidade, a segunda acepción deste termo está relacionada coa primeira, pois as terras baixas de regadío (ou veigas) que se sitúan nas proximidades dun río ou regato adoitan recibir as súas augas a través dun rego, en forma de regadas . A palabra regada tería un significado análogo a presada , ‘cantidade de auga acumulada nunha presa de regadío que é liberada de golpe e conducida para regar os campos’ (forma viva no sur do concello de Vigo). Véxase O Regueiro. Regas, As Campos situados baixo osMuíños doCrasto. NoCatastro de Ensenada esta forma aparece nos topónimos «Cocho das Regas» e «Cocho da Rega». Esta última variante en singular do topónimo suxírenos que, quizais, o nome orixinal do lugar fose A Rega . A palabra rega derivada de rego , como regueiro , regueira , regato ou regada . Como xenérico, a súa acepción máis coñecida nesta zona é ‘acción de regar’. Así, tornar a auga para regar un campo sería «botar a aghua para a regha». En sentido metafórico, tamén se escoita con frecuencia a expresión «caír unha regha de aghua», como sinónimo de chover. O termo rega pode ter en Galiza outros significados relacionados, como ‘levada, condución de augas’ ou ‘prado de regadío’.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1