Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

65 T O P Ó N I M O S Presa de regadío na Fonte Escura Algúns topónimos, referidos sobre todo a terras agrícolas, incorporan a palabra presa como elemento localizador. Cando se sitúan baixo unha presa aparecen encabezados pola preposición sub -: — — A Suapresa , A Poza da Suapresa (baixo As Regas, A Freiría). — — A Suapresa da Corguiña , A Suapresa , As Coutadas da Suapresa (sobre o camiño do Cabo, A Freiría). O topónimo Suapresa tamén aparece mencionado no Catastro de Ensenada. A palabra presa deriva do latín ( aquam ) pre ( n ) sam , participio do verbo prendere ‘tomar, apreixar’ (Marqués Valea: 2004). O seu significado podería asimilarse a ‘auga retida’. Presote, O Diminutivo de presa, que incorpora un sufixo - ote . Esta forma rexístrase na toponimia do Val Miñor, Baixo Miño e zonas próximas, como O Val de Fragoso (Navaza Blanco, 2011). O mapa toponímico de Candeán recolle as seguintes formas con este nome: O Presote (Fonte Escura), O Presote (camiño do Lago),

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1