Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 64 Descoñecemos, por último, cal é a orixe do topónimo O Pozo Negro , que dá nome a unhas coutadas próximas ao Cotobade. A palabra pozo deriva do latín puteu ‘pozo, fochanca’ (Navaza Blanco, 2011). Presa A presa foi un elemento fundamental na paisaxe agrícola de Candeán e resultou imprescindible para poder realizar cultivos de regadío, como o caso do millo e os produtos hortícolas. Alí onde non se dispuña dun caudal suficiente e abondoso de auga, que era capturado directamente dun regato a través dun peirao , precisábase destas infraestruturas hidráulicas tradicionais. A función de presas e presotes era acumular a auga de mananciais e pequenos cursos de auga, que fluía en pequenas cantidades, para liberala despois en forma de presadas , que se tandeaban ‘repartían’ entre os herdeiros ou regantes. Esta é a definición da palabra presa que nos proporcionaba Juan Sobreira Salgado no século xviii : ‘La pared que se hace para hacer acopio de agua cuando el manantial es pobre y no alcanza’ (Sobreira Salgado, 1792-1797). Os topónimos que inclúen a palabra presa resultan moi frecuentes na parroquia de Candeán, alternado ás veces coa variante poza : A Presa do Petou , A Presa de Abaixo , A Presa de Xaméndez , A Presa da Regueira , A Presa do Monte , As Presas do Xunco Mariño (A Presa de Arriba , A Presa do Medio e A Presa de Baixo) , A Presa do Monte Pequeno , A Presa da Ribaxe , A Presa das Lagoas , As Presas de Pedro , A Presa de Xiráldez, A Presa do Canto do Valo , A Presa da Pontecela , A Presa da Fonte do Bechas , A Presa da Viña , A Presa da María da Perfeuta ou A Presa da Abadesa , A Presa do Salgueiriño , A Presa (ou Poza ) da Maleita , A Presa das Maceiras ou da Maceiriña , ou A Presa de Tras do Paso , As Presas do Fabal ( A Poza de Arriba e A Poza de Abaixo ), A Presa do Mariño , As Presas de Lamas , As Presas da Maruxa , As Presas de Erminde , As Presas dos Pinos , As Presas da Dovesa, 1 As Tres Cartas ou Presa das Tres Cartas , A Presa da Fonte , A Presa de Xiráldez e A Presa do Río do Souto . 1 Dovesa é a forma labializada do topónimo Devesa, moi común na fala popular.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1