Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 62 O topónimo A Pontecela semella ser un derivado de ponte , composto por esta mesma raíz mais o sufixo diminutivo latino - cellus (Bascuas López, 2006: 222), indicador da antigüidade desta forma (Navaza Blanco, 2007a: 51). Unha pontecela sería unha ponte de pequeno tamaño, seguramente de tipo rústico, que estaría situada posiblemente baixo os campos do mesmo nome. Atravesaría o regato que discorre por ese lugar, unha pequena corrente de auga que nace na Fonte Branca e desemboca no río de San Cristovo. Nalgunhas zonas de Galiza rexístranse ademais os xenéricos ponticelo ou ponticela , sinónimos de pontillón e pontella . Designan precisamente unha pequena ponte, composta en moitos casos por pedras longas ou lousas atravesadas entre as dúas marxes dun río (García González, 1985). Así, Eligio Rivas Quintas (1978) inclúe a seguinte descrición para a palabra ponticela , recollida en Xunqueira de Espadanedo: ‘Pequeño puente rústico de lajas tendidas sobre pies derechos, para pasar un río; a veces es de madera’. Pontillón, O Recollemos o topónimo Pontillón en tres localizacións distintas: — — O Pontillón ou A Ponte de Parada , O Muíño do Pontillón e O Seguedo do Pontillón (sobre o río de San Cristovo, fronte ao Outeiro, en Cabral). — — O Pontillón e O Camiño do Pontillón (sobre os Muíños da Goleta). — — O Puntillón (tamén chamado O Pontillón ou O Pontillón de Cabeiro ) e A Lagoa do Pontillón (Cabeiro). Antiga pontella que permitía atravesar o río Fondón, no camiño de Porto Cabeiro. O topónimo Pontillón é un diminutivo de Ponte . Designa unha ponte de pequeno tamaño sen proteccións laterais, construída en pedra ou madeira, que permite atravesar un curso de auga que non é moi caudaloso, polo xeral, mediante unha ou varias lousas estendidas horizontalmente. É sinónimo de pontella , ponticela, pontello , pontigo e outras formas semellantes. É ademais un vocábulo de uso común en Galiza, que aínda se conserva como tal na parroquia de Candeán.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1