Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

61 T O P Ó N I M O S Ponte de San Cristovo , que atravesa o río do mesmo nome. Segundo a tradición, neste lugar encontráronse Santa Mariña e San Cristovo (patróns de Cabral e de Candeán, respectivamente), cando se disputaban as terras das citadas parroquias. Santa Mariña ― máis áxil e pequena, que ademais corría descalza- avanzou máis lixeira ca San Cristovo (que corría cuns pesados tamancos), anexionando unha maior superficie de terreo. Os límites da parroquia de Cabral chegarían así ata esta pontella. Pontecela, A É o nome dunha superficie agrícola de regadío que, como é habitual, presenta dúas formas: unha en singular (A Pontecela) e outra en plural (As Pontecelas) . A auga procede da Presa da Pontecela (situada a menos de 100 metros ladeira arriba), que é conducida pola cabeceira dos campos a través do Rego da Presa da Pontecela . O Catastro de Ensenada xa menciona este topónimo, que aparece transcrito como «Pontecela» ou «Pontezela». Ademais das terras de regadío, o citado documento revela tamén a existencia dunha casa arruinada e un monte. Hoxe en día, aínda permanecen os restos de antigas estruturas de pedra nun pequeno alto cuberto de carballos, que linda polo nordeste con este lugar. Cómpre sinalar que os restos da fortificación medieval da Torre dos Mouros están situados a pouco máis de 50 metros ao sur da Pontecela.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1