Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 60 de suxestións nas que gurgulla a auga que alimenta unha braña ou turbeira. Cun significado semellante, existe na comarca a expresión ollo de mar , que se refire ás fontes ou pozas nas que segundo diversas lendas tradicionais mana a auga do mar, que é conducida baixo terra a través de ocultos brazos de mar . As formas ollo e olleiro terían aquí un sentidometafórico, debido á forma circular que presentan normalmente. Derivarían neste caso do latín oculum ‘ollo’ (Marqués Valea, 2004). Encóntrase esta forma nos seguintes topónimos: — — O Olleiro , As Coutadas do Olleiro ou Coutadas do Ulleiro e O Camiño do Olleiro (coutadas lagoentas situadas baixo o camiño do Recanto, en Erminde). — — O Olleiro ( seguedo situado en Lamas, Erminde). — — O Ulleiro (surxencia que alimenta a Lagoa Grande, a carón do Vixiador). Véxase O Gorgullón. Ponte É un substantivo de todos e todas coñecido, que designa unha construción que une entre si as dúas marxes dun curso ou masa de auga, coa finalidade de que poida ser atravesado. Procede da forma latina pontem ‘ponte’ (Marqués Valea, 2004: 843). Na parroquia de Candeán recollemos dous topónimos que inclúen a palabra ponte : — — A Ponte de Parada ou O Pontillón (une a parroquia de Candeán co lugar do Outeiro ― Cabral ― , atravesando o río de San Cristovo). — — A Ponte de San Cristovo (atravesa o mesmo río de San Cristovo, neste caso 280 metros río abaixo dos Muíños da Goleta). Trátase en ambos os casos de pontes rústicas consistentes en laxes atravesadas entre as dúas ribeiras do río. O caudal que presenta esta corrente e a largura do seu leito non fixeron necesario edificar pontes de maior tamaño e complexidade.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1