Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 58 — — A Devesa do Muíño . Tomou o seu nome dun muíño próximo, O Muíño do Pontillón , coñecido tamén como Muíño de Parada , Muíño dos Casales ou Muíño das Lagoas (está situado ao pé do lugar de O Outeiro –Cabral–, na marxe esquerda do río de San Cristovo). Para acceder a este pequeno núcleo cruzábase o río polo Pontillón ou pola Ponte de Parada. Na zona alta de Candeán existen tamén os topónimos O Campo do Muíño (que xa aparece mencionado no Catastro de Ensenada) e Os Seguedos do Campo do Muíño , que se encontran baixo A Lomba (A Freiría). Candeán tamén conta, non obstante, con muíños propios: — — Os Muíños da Goleta : O Muíño de Arriba e O Muíño de Abaixo . En relación con estes muíños recollemos os seguintes topónimos: O Lughar dos Muíños , As Coutadas do Muíño , O Campo do Muíño e A Casa de Tía Aurora do Muíño . Na relación de bens do Catastro de Ensenada xa aparece unha referencia aos muíños da Goleta: «un molino deuna rueda (…) y otro arruinado». Estes muíños están situados na marxe dereita do río da Goleta ou río de San Cristovo, do que tomaban a auga. — — Os Muíños do Crasto ou Muíños do Castro : O Muíño do Crasto de Arriba e O Muíño do Crasto de Abaixo . A unha distancia duns 250 metros do Muíño de Abaixo , río abaixo, encontramos unha zona cultivada na mesma marxe dereita do río denominada O Muíño Vello , así como a chamada Presa dos Muíños Vellos . Este nome suxire a existencia dun muíño (hoxe desaparecido) nesta zona. Este muíño podería ser moi antigo, pois no Catastro de Ensenada aparece rexistrada unha superficie de regadío co nome de «Moyño Vello», aínda que non podemos precisar a súa situación. En relación cos muíños existen diversos elementos como os peiraos , pequenas paredes de pedra practicadas no curso dos ríos que desviaban a auga cara a un rego, que a conducía en dirección a uns muíños ou terras de regadío. Un exemplo deste tipo de estruturas é o Peirao dos Muíños da Goleta . Os muíños onde moían as veciñas e veciños da parroquia de Candeán podían ser de herdeiros (propiedade colectiva de varias familias) ou de maquía (de propiedade individual), onde o dono ou donalle cobraba un tributo en especie (a maquía) a quen acudía a moer. Algún dos muíños do río Lagares correspondían a esta última tipoloxía. O traballo de campo deparounos tamén a expresión muíño seco ‘muíño que xa non moe’.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1