Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

57 T O P Ó N I M O S Mina Nesta comarca, o xenérico mina designa as escavacións subterráneas realizadas na procura dun manancial, tamén coñecidas como minas de auga . Algunhas casas de Candeán dispuñan deste tipo de obras hidráulicas para o abastecemento propio de auga. A palabra mina procede do latín minam ou do celta mein (Marqués Valea, 2004). En Candeán, rexistramos os seguintes topónimos coa palabra mina : — — A Mina (na Parachán). — — As Minas (na Quinta de Dona Amalia, A Fonte Escura). — — A Mina do Bastos e A Mina do Larán (no Salgueiriño). — — A Mina da Rambloia e A Mina da Maceiriña (en Maceiras). — — A Mina do Calloas (na Parachán). — — A Mina do Chupaaceites (na Fonte Branca). — — A Coutada da Mina e O Campo da Mina (no Cotobade). — — As Minas ou As Coutadas da Mina (baixo O Vixiador). — — A Mina Manota (sobre A Fonte do Seixo). — — As Presas da Mina (en Erminde). — — A Mina e O Camiño da Mina (na Vesada). Minada, A A Minada (ou As Minadas ) é un terreo próximo ás Cales, situado a carón do camiño do Cocho do Lago. No lugar existía unha mina de dúas bocas. Véxase A Mina. Muíño A palabra muíño deriva do latín tardío molinum ‘muíño’ (de molere ‘moer’) (Marqués Valea, 2004: 714). As partes baixas da parroquia de Candeán carecían de muíño propio, polo que veciños e veciñas acudían a moer á parroquia de Cabral. A proximidade destes muíños deixou con todo unha pegada propia na toponimia da parroquia: — — Carreiro do Muíño , oficialmente «Camiño do Paporrubio» (situado na Parachán, era o antigo sendeiro que conducía aos muíños do río Lagares).

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1