Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 56 — — A Lagoa Grande ou Lagoa de Cabeiro (nas inmediacións do parque forestal do Vixiador). No seu interior encontrábase O Ulleiro ‘surxencia de auga que gurgulla desde a capa freática’. — — A Lagoa de Pontillón (no monte de Cabeiro, augas abaixo da Lagoa Grande). — — A Lagoa da Fonte do Seixo ou simplemente A Lagoa (baixo A Fonte do Seixo, onde se localiza o actual estanque). — — As Lagoas da Pedra do Valo . Chamadas tamén As Lagoas de Loureiro , As Lagoas do río Loureiro , As Lagoas do Colazo ou As Lagoas (nas marxes do río do Loureiro). — — As Lagoas do Crasto ou As Lagoas (nas marxes do Río do Loureiro, augas abaixo das anteriores). Turbeira da Lagoa Grande , un dos humidais interiores de maior valor ecolóxico do concello de Vigo Lagoeira, A É un campo de cultivo situado na Fonte Escura. Este topónimo deriva de lagoa , forma que resulta moito máis frecuente. A variante lagoeira é tamén un xenérico local, recollido en Candeán co significado de ‘terreo enchoupado, lameira’.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1