Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

53 T O P Ó N I M O S Fontiña, A Diminutivo de fonte . Refírese quizais a unha fonte de escaso caudal. A Fontiña está situada no lugar da Freiría. Ao seu carón existe un terreo denominado As Fontiñas . Véxase Fonte. Gorgullón, O Na parroquia de Candeán existen diversas formas populares que designan a acción de brotar ao exterior as augas subterráneas a través dun olleiro, ao ascender de abaixo cara arriba en forma de gallaróns. Así, rexistramos nesta parroquia o verbo gorgullar , así como os substantivos gorgullón e gurgulleiro . A palabra gorgullón podería derivar do latín gurgulione (Rivas Quintas, 1982) ‘esófago’, ‘canón formado por un río’. Quizais cun sentido figurado: ‘auga que expulsa a terra á superficie ’. Encontramos este topónimo en tres lugares: — — Gorgullón (baixo Rabodeasno). — — Gorgullón (na Devesa). — — Gorguillón (coutadas situadas sobre Erminde). Véxase O Olleiro. Lago, O Topónimo que recollemos en tres lugares distintos da parroquia de Candeán: — — Os Lagos e Camiño dos Lagos (baixo a Torre dos Mouros). — — O Lago ou Os Lagos e Os Campos do Lago (a carón do colexio público de Candeán, na Devesa). — — O Lago , O Camiño do Lago , O Cocho do Lago , O Camiño do Cocho do Lago , A Fonte do Lago e Os Campos do Lago (na Goleta). A pesar de que esta forma ten a súa orixe no hidrónimo lago ‘masa de auga de extensión considerable, rodeada de terra’, en realidade refírese a terras de cultivo que teñen a particularidade de seren moi húmidas ou propensas a enchouparse. É un caso análogo ao topónimo A Lagoa , cando se refire a este mesmo tipo de terreos. A palabra lago deriva do latín lacus ‘lago’.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1