Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

51 T O P Ó N I M O S ata o século xviii (Catastro de Ensenada) non existía aínda ningunha casa, toda a superficie estaba ocupada por campos de secaño. Entre a veciñanza que habita nesta zona, existe unha vacilación moi estendida entre as formas Cales e Calas . Mesmo en dúas ocasións rexistramos unha terceira forma, As Escalas , que aumentou as nosas dúbidas sobre o significado do topónimo. Precisamente, en Candeán existe un xenérico escala co significado de escada . Non obstante, acudindo ao Catastro de Ensenada vemos que este só rexistra a forma Cales : «Campo das Cales», «Campo de Cales» e «Cales de Avajo». Ademais, existe un revelador «Campo de Canles», que suporía a conformación definitiva da orixe deste topónimo. Os topónimos coa forma Cal poden ter en ocasións carácter viario, co significado de ‘camiño, senda’ (do latín callis ‘sendeiro’) (Fernández González, 2007). Pero noutros moitos casos (como este que estamos a ver) trátase dunha variante de canle , ‘sulco que conduce a auga’. Por perda do ‘n’ entre vogais, o latín canale transformouse en Caale , que deriva finalmente na forma Cal (que tamén existe como xenérico na fala). Nada ten que ver coa pedra calcaria ‘óxido de calcio’, que presenta ademais xénero masculino (o cal) . Existen varios topónimos próximos que conteñen as formas Cales / Calas . Incluímolos aquí coa primeira das variantes, pero en todos os casos foron recollidas as dúas: As Cales (núcleo habitado), As Cales Grandes , As Cales Pequenas , A Fonte das Cales e O Camiño das Calas . Nestes topónimos, a palabra cal aparece sempre en plural (como tamén o fai nas fontes históricas do século xviii ). Opinamos polo tanto que eran varias as canles que atravesaban estes campos, e que lle deron nome á zona. Fonte A palabra fonte deriva do latín fontem ‘fonte’ (Marqués Valea, 2004: 104). Designa os lugares onde mana a auga procedente dos acuíferos subterráneos. Pode tratarse de olleiros naturais, pero o máis frecuente é que a auga fora encanada, saíse ao exterior a través de estruturas artificiais que lles permitían ás persoas beber doadamente, así como aprovisionarse de auga con comodidade. As fontes foron en tempos uns elementos fundamentais na xeografía humana, pois permitíanlles a veciños e veciñas acceder á auga para o consumo humano e animal,

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1