Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 50 Enterramento neolítico na Rechán dos Touciños . As chans situadas a unha certa altitude acollen con frecuencia necrópoles de época megalítica. Na Rechán dos Touciños observamos ademais unha curiosa coincidencia, pois comparten o mesmo espazo físico un enterramento prehistórico e un cemiterio contemporáneo. Solombo, O Reciben este nome uns campos de cultivo situados baixo o lugar de A Lomba (A Freiría). Son coñecidos tamén como A Leira da Coxa . A carón destes discorre o Camiño do Solombo ou Camiño do Sulombo . Figura no Catastro de Ensenada como «Sulombo» ou «Sulomba» e naquel tempo estaba ocupado por terras de regadío, así como por montes e «un ferrado de dehesa». Esta última podería estar situada nas actuais Coutadas da Fonte . O topónimo Solombo ten un significado transparente: son terras que se sitúan baixo (‘so’ ou sub ) o lombo topográfico sobre o que se asenta o lugar de A Lomba . O s nomes da auga Cales, As A mediados do século xx , As Cales era un pequeno núcleo rural próximo ao Busto, formado por unhas tres vivendas. Se retrocedemos

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1