Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

49 T O P Ó N I M O S Segundo relata a veciñanza, neste último lugar explotouse unha canteira, da cal se extraeu pedra para construír o edificio da antiga Caixa de Aforros de Vigo. A palabra penedo componse da palabra pena ‘rocha, pedra’ mais o sufixo galego - edo , derivado do latín - etum ‘formación, conxunto de’. A orixe da palabra pena , xenérico común en moitas áreas de Galiza, non está clara. Podería proceder da forma latina pinna ‘amea ou elemento sobresaínte dunha muralla’, ‘pluma’; ou ben dun céltico penno ‘cabeza, cume’ (Marqués Valea, 2004: 179). Rechán Rechán (pronunciado tamén como rachán ) é unha forma viva na fala da parroquia, cun significado análogo a chan : ‘superficie de relevo suave, que apenas presenta pendente’. Na toponimia de Candeán, altérnase coa forma chan para nomear as zonas planas que se encontran en terreos de monte: A Rechán dos Touciños ou Chan dos Touciños , A Rechán da Pedra Longa , A Rachán (A Devesa); tamén o «Coto Rachán», que aparece representado no deslinde municipal do ano 1939. Precisamente, esa foi a diferenza que encontramos no uso das dúas formas: mentres a palabra chan se aplica a todo tipo de terreos, tanto agrícolas coma de monte, o seu derivado rechán s ó se utiliza no segundo caso. Isto concorda coa definición de rechán que encontramos no Dicionário Electrónico Estraviz : ‘planície extensa e larga que encontramos sobre umha montanha’, ou ben ‘pequeno planalto na ladeira dumha montanha ou na vertente dun vale’. A palabra rechán componse dunha forma orixinal chan precedida do prefixo re - , que semella presentar neste caso un valor intensificador: ‘chan largacía ou extensa’. Véxase Chan.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1