Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

47 T O P Ó N I M O S Outeiro, O Nome dun pequeno núcleo de Parada (Cabral) que linda coa parroquia de Candeán. Encontramos ademais os seguintes topónimos, que conteñen tamén a forma outeiro : — — O Campo do Outeiro (na Parachán). — — A Casa do Outeiro e O Lugar de Outeiro (na Fonte da Barca). Os do Outeiro é o alcume dunha familia de Candeán. — — Xan de Outeiro (nos Currás). Antigo terreo agrícola, hoxe urbanizado. Outeiro é a forma galega do latín altarium ‘ara de sacrificios’, derivado á súa vez da voz altus ‘alto, elevado’ (Marqués Valea, 2004). É unha palabra de uso común, co significado de ‘pequena elevación illada e prominente do terreo’; mais tamén de ‘rocha, penedo’. Esta última acepción está presente nas parroquias do concello de Vigo, especialmente para referirse a grandes penedos naturais. Parachán, A Topónimo composto dos elementos latinos petra + plana ‘laxe, pedra de superficie plana’. Véxase A Parachán , no apartado Os primeiros núcleos de poboamento (capítulo 3). Pedra A palabra pedra é un xenérico de uso común en galego. Ás veces utilízase como sinónimo de penedo , pero o significado de pedra en realidade é moito máis amplo, pois non se limita só ás pedras de formas naturais que presentan un tamaño grande, senón a todo tipo de rochas ou fragmentos delas, independentemente das súas dimensións. Etimoloxicamente, a voz galega pedra deriva da palabra latina petra , que presenta o mesmo significado. Este substantivo deixou un rastro moi visible na toponimia local, que bautizou con nome propio moitas pedras de natureza singular, debido á forma que presentaban, ás súas dimensións, ao seu carácter de fitos na paisaxe ou marcos divisorios etc. Neste caso non resultan raras as

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1