Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 46 que ver coa propiedade. Así, nas parroquias de Vigo resulta habitual distinguir por un lado o monte propiamente dito (en Candeán monte baldío ) e por outro as coutadas ( tomadas, nas parroquias do sur do concello), de propiedade particular. Como montes parcelados ou divididos en coutadas de propiedade particular, temos O Monte da Tía Carmela , O Monte do Melero , O Monte de Codeside , O Monte de Rabodeasno , O Monte do Polinar do Graña , Os Montes de Xocín e O Monte do Brasileiro . E como montes de carácter comunal: O Monte do Costal , O Monte da Parachán , O Monte do Estripeiro , O Monte Pequeno , O Monte dos Zoques , O Monte da Facha , O Monte da Verde , O Monte do Coto e O Monte da Cachadiña . A palabra monte deriva do latín mons , montis ‘monte, montaña’. Monte Pequeno, O Pequena superficie de monte comunal rodeada de propiedades particulares, moitas delas edificadas. Hoxe dá nome a un núcleo habitado da parroquia de Candeán, que non aparece citado no Catastro de Ensenada. Como topónimos relacionados, encontramos na mesma zona A Presa do Monte Pequeno , A Mina do Monte Pequeno e O Camiño do Monte Pequeno . Véxase Monte. Outeiriño, O Terra de cultivo situada sobre o camiño de Gondomar, coñecida tamén como Os Outeiriños . Encóntrase nunha ladeira de forte desnivel, que podería estar relacionada coas estruturas defensivas da fortaleza medieval de A Torre dos Mouros . Como proba da natureza rochosa do lugar, O Outeiriño linda polo nordeste cos campos coñecidos como As Laxes . Entre As Laxes e As Centieiras existiu ademais unha canteira que forneceu de pedra as obras de construción da avenida do Aeroporto, que son perfectamente visibles na fotografía aérea do voo americano realizada entre os anos 1956 e 1957. O nome refírese a uns outeiros de pequeno tamaño. Véxase O Outeiro.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1