Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

45 T O P Ó N I M O S laxe é de orixe prerromana, posiblemente celta. Foi latinizada no noroeste ibérico como lagena (Navaza Blanco, 2007a: 122). Lomba, A É o nome dun pequeno núcleo, que no ano 1956 ou 1957 (anos do voo americano) apenas contaba con dúas vivendas. No século xviii estaba ocupado por terras de labradío, tal e como consta no Catastro de Ensenada. Recibe o nome de A Lomba ou O Lugar da Lomba . Existían alí dúas casas antigas: A Casa do Carrete e A Casa do Tío Manolo da Lomba . A carón do camiño que comunica coa Mancoña erguíase un fito de pedra coñecido como O Marco da Lomba , que servía de límite entre as parroquias de Candeán e Cabral. Baixo A Lomba encóntranse Os Campos da Lomba , tamén chamados O Solombo . A palabra lomba deriva do latín lumbus ‘lombo, parte posterior do corpo humano, que vai desde os ombreiros ata o van’ (Dicionario da Real AcademiaGalega) . Metaforicamente, aplícase a unha ‘prominencia prolongada do terreo, de perfil curvo e suave’ (Álvarez Maurín, 1994). As lombas son formas que resultan comúns en relevos montañosos; con frecuencia, a liña máis alta dunha lomba marca a liña divisoria das concas fluviais de dous ríos ou regatos. A Lomba sitúase entre A Mancoña (Cabral) e A Rabadeira (Candeán) e forma unha elevación do terreo que descende desde A Freiría, flanqueada polo Río do So uto a occidente e o Río do Rial a oriente, afluentes ambos os dous do Río de Cernades . Monte A palabra monte non ten só un sentido orográfico, de ‘elevación notable do terreo que sobresae do relevo circundante ’, senón que tamén se pode referir ao uso da terra (Navaza Blanco: 2007a). Un monte é tamén unha superficie non cultivada, cuberta de vexetación forestal como bosques, plantacións arbóreas, mato, gándara, brañas, panasco ou pedreiras; en contraposición coas terras agrícolas (ás que por outro lado serve de complemento necesario). Cando as terras de cultivo son abandonadas, dise delas precisamente que «quedaron a monte». Dentro deste concepto de monte como superficie forestal podemos encontrarnos ademais cunha segunda acepción, que neste caso ten

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1