Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 44 Fonte do Seixo, A É o nome dunha fonte moi coñecida que se encontra no parque forestal do Vixiador, no monte comunal de Candeán. Baixo A Fonte do Seixo encóntrase A Lagoa da Fonte do Seixo , topónimo que non alude ao estanque actual, senón a unha zona húmida (posiblemente unha braña) que existía anteriormente neste lugar. O topónimo podería aludir a algún seixo de certas dimensións que existiría nas inmediacións da fonte. Aínda que o cuarzo é un mineral presente na composición de rochas como o granito e o gneis, ás veces aparece en forma pura como dique. A palabra seixo , de uso común, deriva do latín saxum ‘pedra de gran dureza’. Relacionada coa palabra seixo encontramos tamén a forma seixeira , presente no topónimo A Coutada da Seixeira (Erminde). Goleta, A Véxase o apartado Os primeiros núcleos de poboamento (capítulo 3). Laxe, A Rexistramos este topónimo en dúas zonas distintas da parroquia de Candeán: — — A Laxe ou As Laxes , O Camiño da Laxe ou Camiño Fondo e As Coutadas das Laxes (entre A Rotea ― San Paio ― e o Monte Pequeno). — — As Laxes e O Camiño das Laxes (preto da Torre dos Mouros). Laxe é un xenérico de uso común, que significa ‘pedra plana’. Localmente refírese a unha rocha natural de certas dimensións e superficie lisa, que aflora nun terreo sen apenas sobresaír del; significado este que coincide coa primeira das acepcións do substantivo rocha que inclúe o Dicionario da Real Academia Galega . Nalgunhas zonas tamén se denominan laxes as pedras planas de pequeno tamaño utilizadas como baldosa ou pavimento, chamadas tamén lanchas ou lousas . Os topónimos coa palabra laxe recollidos nas proximidades do Monte Pequeno débenlle o seu nome a unha gran laxe que atravesaba o antigo Camiño Fondo ou Camiño da Laxe , hoxe asfaltado. A palabra

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1