Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 42 a forma cueto , que abunda na toponimia da cornixa cantábrica, onde moitos cumes principais conteñen as formas Cueto e Cuétara (Navaza Blanco, 2011). Formas derivadas de Coto son Cotiño , Cotarro e Cotarelo . Esta última aparece mencionada no Catastro de Ensenada, onde tamén figura como «Cotorelo», pero non se encontrou durante o traballo de campo. Cotarelo contén o sufixo diminutivo -elo mais un elemento intermedio -ara- , quizais enfático (Ares Vázquez, 2005). Como Cotiño , o seu significado sería ‘coto de pequeno tamaño’. O Camiño do Coto aparece rotulado como Camiño do Couto . Trátase dunha confusión, por corrección dun castelanismo que en realidade non é tal, pois o coto galego é distinto do coto castelán (en galego couto ): ‘conjunto de varios lugares, aldeas o parroquias formando un feudo o territorio señorial’ (Rodríguez González, 1958-1961). Esta segunda forma deriva pola súa parte de cautum , participio do verbo caveo ‘vedar, gardar’ (Ares Vázquez, 1998). Coto Ferreiro, O Ferreiro deriva do latín ferrarius ‘de ferro’. A semellanza do Monte do Ferro ou Monteferro , O Coto Ferreiro debería quizais o seu nome á presenza de mineral de ferro nas súas rochas. É unha das estremas do monte comunal de Candeán, onde limita coas parroquias de Trasmañó e Caveiro, do concello de Redondela. Covas, As A palabra cova pode designar unha cavidade ou abrigo de rocha natural, que non ten porque ser necesariamente de grandes dimensións. Na serra do Galiñeiro encontramos numerosos exemplos, como A Cova do Demo , A Cova da Vella etc. Noutros lugares próximos (como Chandebrito, Nigrán) os pequenos refuxios naturais que se forman baixo rochas de granito reciben o nome de abrigueiros . A parroquia de Candeán apenas presenta formacións naturais de rocha (gneis neste caso). Os topónimos que conteñen esta palabra aluden seguramente a outro significado desta, a de ‘concavidade orográfica, depresión do terreo’ (Navaza Blanco, 2007a). Nas estremas da parroquia de Candeán encontramos o lugar de A Cova (As Regadas, Cabral) e A

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1