Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

41 T O P Ó N I M O S Na parroquia de Candeán rexistramos os seguintes topónimos que conteñen esta forma: — — O Cotiño ou Cutiño (no cruzamento do camiño da Fonte da Barca co camiño do Mantido, na Parachán). Neste caso, a palabra cotiño designaría unhas rochas hoxe desaparecidas. De feito, a escasa distancia deste lugar existe o topónimo A Canteira . — — O Cotiño (chamado tamén Os Cotiños ou As Coutadas do Cotiño ), Os Cotiños Pequenos e O Camiño do Cotiño (zona de coutadas situada sobre O Busto). — — O Cotiño Simón ou Coto Simón (sobre o castro da Freiría). Ademais destes topónimos, na Rabadeira volvemos encontrar a forma O Cotiño nunha zona forestal próxima ao Regoufe. Mais neste caso o seu significado orixinal non semella ser o mesmo. A elevada concentración de topónimos que conteñen a palabra Coto que existe aquí lévanos a pensar que, posiblemente, o diminutivo Cotiño se refira neste caso ao tamaño relativo das propiedades, e non ao do coto en si. Outro caso singular sería o de Os Cotiños Pequenos , mencionado anteriormente. Dado que o topónimo orixinal xa se encontraba en diminutivo, e resultaba difícil reducilo aínda máis, quizais un modo de recalcar as reducidas dimensións dun terreo fora incorporar o adxectivo pequenos , a semellanza das formas antagónicas As Cales Grandes e As Cales Pequenas , que tamén se encontran nas proximidades do Busto. Véxase O Coto. Coto, O Grupo de topónimos que se localizan arredor do lugar da Rabadeira: — — O Coto ou Monte do Coto , O Camiño do Coto (a carón da Pedra do Moucho , na estrema coa parroquia de Cabral). — — O Monte do Coto ou O Coto , As Coutadas do Coto e O Coto (veigas na zona occidental da Rabadeira). Neste lugar existían dúas casas antigas: A Casa de Joaquín do Coto e A Casa de Filomena do Cocho . A palabra galega coto (ben como topónimo, ben como xenérico) é de uso frecuente na comarca e designa calquera ‘elevación rochosa de pequenas dimensións’, ou ben en zonas de maior altitude ‘picoutos ou cumes ben definidos’. Deriva da raíz prerromana cott -, e deulle nome a un elevadísimo número de microtopónimos. En castelán xerou

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1