Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 40 ao estar vinculada co topónimo maior A Costeira , presentaría unha superficie pequena. Cotarro, O Rexistramos con este nome dous terreos de cultivo: — — O Cotarro (no Monte Pequeno). — — O Campo do Cotarro (en Subride). Un cotarro (derivado da palabra coto ) é un outeiro ou coto pouco destacado. Os topónimos mencionados non responden, porén, a esta descrición e distan entre si apenas 300 metros lineais, polo que sospeitamos que a súa orixe podería estar nalgún alcume familiar que non foi rexistrado no traballo de campo. A voz cotarro inclúe dous elementos de orixe prerromana: a palabra coto ‘elevación do terreo’ e o sufixo - arro / a , que encontramos no microtopónimo de Coia (Vigo) O Chamorro . Véxase O Coto. Cotela, A É un monte comunal que se sitúa sobre Erminde. Segundo refiren varios informantes, A Cotela era o alcume dunha veciña da parroquia que frecuentaba esta zona. Efectivamente, Cotela é un alcume familiar de Candeán recollido por nós, e existe unha Casa da Cotela na Fonte Escura. Etimoloxicamente, Cotela é unha forma derivada de coto. Podería significar «a do Coto», con sentido localizador, referíndose neste caso a unha muller procedente dun lugar con este nome ou a unha descendente daquela. Na Rabadeira sabemos da existencia de vivendas antigas nunha área chamada O Coto . Unha delas recibía precisamente o nome de A Casa de Joaquín do Coto . Véxase O Coto. Cotiño, O O diminutivo Cotiño refírese a un coto de pequeno tamaño ou pouco elevado, ou quizais nalgunha ocasión a unha rocha illada.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1