Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

39 T O P Ó N I M O S — — O Costal , «A Pedra do Costal» (no deslinde municipal do ano 1939), As Coutadas do Costal e As Pozas do Costal (sobre A Freiría). En todos os casos refírense a superficies forestais que presentan unha pendente acusada, en relación co terreo circundante. O significado do topónimo ten relación cos topónimos Caeiro , Caeira , Costeira e Costiña , que aparecen vinculados aquí con terras agrícolas. En todos os casos derivaría do substantivo común costa , do latín costa ‘lombo’. Aplícase a ladeiras, pendentes pronunciadas e camiños que presentan un forte desnivel. Unha forma semellante que deriva da mesma raíz é O Costado . Aparece con certa frecuencia na toponimia do litoral sur galego, co significado de lombo . Dá nome a diversos curutos de montes que presentan un perfil suave. Costeira, A A Costeira é unha superficie agrícola de relevo suave que remata nun longo e elevado socalco. Sitúase entre o antigo núcleo da Valadiña e os campos das Pereiras, que se estenden ata o río do mesmo nome. Polo norte deste terreo discorre O Camiño da Costeira , que debe salvar o desnivel que existe entre varios socalcos. A Costeira está dividida á súa vez en numerosas parcelas particulares, polo que tamén é nomeada en plural: As Costeiras . Na parroquia de Candeán recollemos un segundo topónimo A Costeira . Trátase dun tramo en pendente do Camiño do Moxenas (O Salgueiro) que comunica coa superficie agrícola de Os Campos . A forma Costeira é un derivado de Costa , que significa ‘terreo en pendente’. Costiña, A É un topónimo pouco coñecido, que se refire a uns terreos de pouca extensión situados a carón de A Costeira . Aínda que se trata dun diminutivo de costa , que como tal significaría ‘costa de escasa pendente ou lonxitude’, a proximidade dos dous topónimos fainos pensar que o diminutivo -iña se refire neste caso ao tamaño dunha propiedade que,

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1