Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 38 do «ruina montium», na minaría aurífera galaica (Navaza Blanco, 2007a: 118). A Corguiña é unha antiga superficie agrícola ou de pasteiros situada no leste da Freiría. No seu interior existe unha presa coñecida como A Presa das Leiras . Non se pode desbotar que o significado deste topónimo estea vinculado cun posible empozamento do liño nesta presa (Navaza Blanco, 2007a: 118). O empozamento era unha parte do proceso do liño que consistía en mergullar a planta durante varios días nunha poza ou regato para que esta amolecera. Noentanto, nestecasodecantámonosmáis benpor unha interpretación topográfica. No bordo esquerdo de A Corguiña existe un relevo peculiar: unha creba no terreo con forma de pequena valgada que se forma na confluencia de dous noiros baixo a zona habitada. A abertura é atravesada por un estreito camiño tradicional moi costaneiro: O Carreiro da Fonte . Este camiño era moi utilizado antigamente, pois comunicaba as casas antigas da Freiría coa fonte do lugar, coñecida como A Fontiña . No municipio miñoto de Arcos de Valdevez foi recollido un significado semellante da palabra corga : ‘caminho apertado entre dois montes, onde geralmente há uma nascente’ ( Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués ; Pereira, 1970: 304). Lembra esta acepción de corga á de cavorco no concello lugués de Carballedo: ‘sendeiro que discorre por unha garganta ou forca do terreo’( Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués ; Rielo, 1971). Interpretamos polo tanto o topónimo Corguiña como ‘unha pequena corga que se abre na superficie da terra, baixo o núcleo da Freiría’. Neste lugar recollemos as formas A Corguiña e As Corguiñas . Linda na súa parte inferior cunha superficie de cultivo denominada A Suapresa da Corguiña . A Corguiña aparece rexistrada no Catastro de Ensenada como «Corguiñas» e consta como terreo dedicado a monte. Na actualidade, limita aínda cunha pequena zona de arboredo (parcialmente urbanizada) que presenta uns topónimos reveladores da súa natureza forestal, como O Souto e A Coutada dos Pinos . Costal Existen dúas zonas na parroquia que presentan este topónimo: — — OCostal , OCamiño do Costal ou Subida ao Costal e As Coutadas do Costal (en Erminde).

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1