Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 36 terreo, pendente’. Aínda que o núcleo do Caeiro se asenta nunha zona de relevo suave, a ladeira oriental si presenta unha pendente acusada en dirección ao regato do Rial. Para permitir a explotación agrícola destes terreos construíronse no pasado valados e socalcos. Canto, O Un canto pode ser un recuncho, unha leira pequena, un agocho, ou ben unha ‘esquina, extremidade, ángulo ou lado dun lugar’. Esta palabra procede do latín cantum ‘lamia de metal dunha roda’ e, posiblemente, sexa un préstamo dunha lingua celta (Marqués Valea, 2004). Conteñen a palabra canto os topónimos A Presa do Canto do Valo e O Rego da Presa do Canto do Valo , situados nas proximidades da Poba (véxase Valo ). No límite coa parroquia de Candeán, encontramos o pequeno núcleo rural de O Canto (Parada, Cabral). Álzase sobre un meandro do río de San Cristovo, no cal podería existir un substrato de rochas resistentes á erosión que terían obrigado ao río a describir unha curva moi pronunciada. Quizais o carácter que presenta este lugar de esquina ou extremidade da parroquia de Cabral (ou dos terreos situados naquela ribeira do río) explique a orixe deste topónimo. Asociados a O Canto existen ademais outros topónimos: O Camiño do Canto , Os Campos do Canto e A Casa de Tía Carmela do Canto . Sinónimo de canto é a palabra recanto . Aparece nos topónimos O Recanto e O Camiño do Recanto (O Busto). Chan É un xenérico de uso común na parroquia, que designa toda clase de terreos de relevo chan ou con escasa pendente. Aplícase tanto a terras agrícolas coma a montes. Procede do adxectivo latino planum , que na súa evolución ao galego converteuse en substantivo (Marqués Valea, 2004). Na área occidental de Galiza, onde nos encontramos, só existe unha única forma chan , mentres que na zona oriental existen dúas formas diferenciadas, unha para o masculino e outra para o feminino: O Chao/A Chá , O Chau/A Chá (Navaza Blanco, 2007a). En Candeán, como nas demais parroquias do contorno, a palabra chan presenta unicamente xénero feminino.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1