Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

35 T O P Ó N I M O S O relevo Caeira, A Superficie agrícola que descende desde o antigo núcleo da Poba cara ao leste. Está subdividida en numerosas propiedades particulares, de modo que tamén se coñece o lugar como As Caeiras . O camiño que lle dá acceso denomínase Camiño da Caeira . Esta zona xa aparece mencionada no Catastro de Ensenada como «Caeira» ou «Caeyra». O topónimo Caeira semella derivar do latín cadere ‘caer’, a través da forma cadaria , cadariu ‘o que está en declive’ (Rivas Quintas, 1982: 109). Referiríase neste caso á pendente que presenta o terreo, corrixida de maneira artificial mediante socalcos, para permitir deste modo o seu laboreo . A palabra caeira foi rexistrada como unha voz viva na fala popular por Elixio Rivas na parroquia de Beluso (Bueu) (1982) co significado de ‘caída, pendente, ladeira dun monte’. Tamén en Candeán puidemos escoitar nunha ocasión como se relacionaba o topónimo Caeira coa caída do terreo. Cun significado análogo, existen outros topónimos en Candeán como O Caeiro (antiga estrema parroquial), A Costeira e A Costiña . Caeiro, O Núcleo integrado hoxe en día na veciña parroquia de Cabral, «OCaeiro» ou «Caeyro» aparece rexistrado con estes nomes no Catastro de Ensenada correspondente a San Cristovo de Candeán . Naquel tempo apenas contaba con dúas únicas casas terreñas, rodeadas de hortas, viñas e campos de cultivo. A memoria popular conserva aínda o recordo dunha pedra de grandes dimensións (con 4 ou 5 metros de altura), coñecida como O Penedo do Caeiro , ou ben O Penedo do Lugar do Tío Antonio do Caeiro , que estaba situado a escasos metros do peto de ánimas. Considerábase como unha das estremas que existían entre as parroquias de Candeán e Cabral. En relación co Caeiro existen ademais os topónimos OLargo do Caeiro e As Ánimas do Caeiro (peto de ánimas situado nunha encrucillada). O topónimo Caeiro pode ter a mesma orixe ca A Caeira ‘caída natural do

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1