Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

33 T O P Ó N I M O S ao primeiro significado proposto. Na nosa opinión, podería referirse á antiga residencia dalgún señor feudal vinculado coa Torre dos Mouros. Por outro lado, a proximidade da Torre co lugar de A Poba reforzaría a cronoloxía medieval deste asentamento. Os topónimos A Poba e Póboa derivan dos antigos popula , antigos núcleos de repoboación medieval (Moralejo Lasso, 1977). Ademais, no lugar da Poba existía un antigo camiño empedrado de maior largura ca os camiños tradicionais de carros, que podería ser de orixe medieval. O seu trazado coincidiría co actual Camiño da Quirincosta . Outro elemento que semella reforzar a hipótese da antiga residencia señorial é o rexistro no Catastro de Ensenada dunha casa terreña, nun lugar nomeado «O Pombal». Aínda que non se conserva a súa estrutura, si continúa existindo na actualidade o topónimo O Pombal , que limita precisamente coa Torre dos Mouros. É ben sabido que os pombais monumentais de pedra eran construcións vinculadas aos antigos pazos. Ademais do topónimo histórico «Tras do Pazo», na parroquia de Candeán recollemos os topónimos Pazó de Arriba e Pazó de Abaixo , situados en Subride. Neste caso trátase dun diminutivo de pazo (Moralejo Álvarez, 2008: 297). Topónimos relacionados: O Campo do Pazo , Tras do Paso , A Torre dos Mouros , A Torre e O Camiño da Torre . Valadiña, A O pequeno núcleo de A Valadiña constaba de dúas casas terreñas e unha casa «de un alto», e ademais declaraba unha horta e terras de secaño. Como Valado e Valo , a forma Valada (da cal deriva o diminutivo Valadiña ) procede do latín vallu e vallatu ‘parede que delimita unha propiedade’. Á súa vez, a voz valada refírese a unha propiedade que está pechada por un valo ou valado (Navaza Blanco, 2007a: 95). O lugar da Valadiña sitúase sobre A Parachán, a carón da avenida do Aeroporto. Ademais deste topónimo, rexistramos tamén as variantes O Valado (no Salgueiro) e O Saltavalados (na Fonte Escura e na Freiría). Trátase en ambos os casos de terras agrícolas con desnivel, de modo que o termo valado designaría nestes casos as paredes de contención dun socalco.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1