Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

31 T O P Ó N I M O S do grupo de microtopónimos que aluden á forma estreita –e en moitos casos curva– que presentan moitos terreos, que lembran a cola dun animal: Rabo do Porco , Rabo de Galo , Rabo de Lobo , ou na mesma parroquia de Candeán Rabo de Asno . O topónimo orixinal referíase probablemente a unha eira que presentaba unha forma estreita e longa. Casualmente, nesta segunda opción o topónimo procedería igualmente da raíz latina rapum ‘rabo’. Subride O Catastro de Ensenada menciona a existencia de catro casas terreñas no antigo núcleo de «Sobride», que tiñan baixo explotación terreos de horta, viñedos, terras de regadío e de secaño e monte. O Subride de Candeán figura con este nome no Nomenclátor de Galicia. Este topónimo provén da forma Sobrida (derivada do latín subereta ), con alteración do sufixo -ida , que pasa a converterse en -ide (Navaza Blanco, 2006: 512). A sobreira ou sobreiro é unha árbore de folla perenne emparentada co carballo, de nome científico Quercus suber . O seu nome galego sobreira deriva do latín suber , suberis ‘tapón de botella elaborado con cortizo, o mesmo cortizo e a árbore que o produce, a sobreira’. Tamén é coñecida noutras áreas de Galiza como corticeira , corticeiro ou cortizo , debido á súa característica de codia grosa suberosa, empregada tradicionalmente na construción de colmeas para as abellas e tapóns de botella. O cortizo (denominado tamén ‘tecido suberoso’) representa para a sobreira unha eficaz cuberta que protexe o seu sistema vascular no caso de incendio e que lle permite á árbore sobrevivir a estas catástrofes, naturais ou provocadas, tan frecuentes nas áreas de clima mediterráneo onde habita. A sobreira acompaña con certa frecuencia o carballo común nas carballeiras en cotas baixas con temperaturas suaves, como as Rías Baixas galegas, ou ben forma bosques puros (denominados sobredos ou sobreirais) nas zonas de clima máis cálido de Galiza. Ademais de Subride, na parroquia de Candeán rexistramos outros dous topónimos, nos que aparece o nome local desta árbore: ‒ O Sobreiro (zona habitada no camiño de Gondomar). ‒ O Sobreiro , Camiño do Sobreiro (comprende coutadas e campos de cultivo preto de Erminde).

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1