Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 30 Pensamos que A Parachán recibiu posiblemente este nome debido á existencia dunha antiga laxe ou pedra de superficie chá. Reforza esta idea a presenza do topónimo «Pedrachan» no Catastro de Ensenada, quizais como variante da propia Parachán . A forma Parachán está presente tamén na serra do Galiñeiro, en Vincios (Gondomar). As Paracháns é o nome que recibe unha zona moi pedrenta próxima ao coñecido petróglifo de Agua da Laxe , onde abundan os penedos e as laxes de gran tamaño. Nos somontes da mesma serra do Galiñeiro existe ademais un cume que ten por nome A Paraguda ‘A Pedra Aguda’. Topónimos relacionados: As Paracháns , As Coutadas da Parachán , O Monte da Parachán , A Parachán de Arriba e A Parachán de Abaixo . Rabadeira, A A antiga «Ravadeyra» era no ano 1753 un dos núcleos principais da parroquia de Candeán. Contaba naquel tempo con dez casas terreñas e unha casa «de un alto», rodeadas de hortas e cultivos de secaño e regadío. Posuía ademais unha superficie de devesa próxima aos trinta ferrados. No traballo de campo, ademais do topónimo principal recolléronse as formas As Rabadeiras , O Largo da Rabadeira , As Coutadas da Rabadeira ou As Rabadeiras , O Camiño da Rabadeira e A Fonte da Rabadeira . O topónimo Rabadeira ten sido interpretado como unha variante de Rabaceira (Dasairas, 2000: 21). Neste caso, trataríase dun fitónimo derivado do latín rapacia , que designaría un ‘prado ou terreo onde abundan as rabazas’ . Rabaceira é precisamente a voz popular, recollida na parroquia de Candeán, que lle dá nome a unha planta máis coñecida no ámbito galego como labaza ( Rumex obtusifolius, Rumex crispus ). Malia que existen distintas interpretacións sobre a identidade da planta chamada rabaceira , o que semella claro é que todas as especies teñen en común unha ‘raíz napiforme’ (con forma de nabo). Así, a palabra rabadeira derivaría do latín rapum ‘rabo’. No entanto, somos da opinión de que Rabadeira podería ser en realidade unha contracción de Rabo + da + Eira: Rabo da Eira > Rabod’Eira > Rabadeira . Neste caso, o topónimo Rabadeira derivaría

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1