Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

29 T O P Ó N I M O S Igrexa parroquial de Candeán Parachán, A O lugar da Parachán estaba composto por catro casas terreñas. Posuía ademais unha extensión declarada de catorce ferrados de devesa. Nas proximidades da Fonte da Barca (moi próxima á Parachán) existe precisamente un lugar denominado A Devesa do Rei . O barrio da Parachán linda actualmente cunha superficie forestal moi deteriorada, que se conserva a duras penas rodeada de campos de cultivo e núcleos habitados, composta por numerosas coutadas de propiedade particular. O topónimo A Parachán é unha forma composta que deriva de petra + plana . O mesmo sucede co coñecido topónimo Pedrafita do Cebreiro , de petra + ficta ‘pedra fincada’ (Moralejo Lasso, 1977). No caso da Parachán , por alteración do primeiro elemento átono, o compoñente petra mudou en para (Marqués Valea, 2004: 485). O segundo elemento deste topónimo (Chan) procede á súa vez do latín planu , plana , formas que no galego occidental confluíron na palabra chan . Esta designa polo xeral terreos que presentan un relevo plano (Navaza Blanco, 2007a).

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1