Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 28 un estreitamento dun val fluvial. Un elemento topográfico que podería orixinar este topónimo sería o encaixamento das ribeiras do río de San Cristovo entre o núcleo da Golada e a Ponte de San Cristovo. Igrexa, A Un dos núcleos máis importantes do Candeán de 1753 era «A Yglesia». Estaba formada entón por dez casas (todas elas terreñas) coas súas hortas, viñas e cultivos de secaño. Contaba ademais cunha «Dehesa Real de 48 ferrados», superficie equivalente na actualidade a unhas dúas hectáreas e media de carballeira. Situábase esta propiedade da realeza probablemente na parte noroeste do antigo poboamento, onde se localizan o actual barrio de A Devesa e os topónimos O Pinal do Rei e O Lugar do Rei . O significado do topónimo é transparente. Deriva da palabra latina ecclesia . Este termo designou nun principio as asembleas de cidadáns gregos reunidos para lexislar e tomar acordos, pero posteriormente pasou a referirse ás xuntanzas dos primeiros cristiáns que celebraban o culto en comunidade. Finalmente deulle nome ao edificio que acollía as celebracións litúrxicas. O topónimo A Igrexa refírese ao núcleo urbano vinculado á antiga igrexa parroquial de Candeán, que no século xviii podería estar situada aproximadamente na súa localización actual, tal e como suxire a forma «So a Iglesia», que aparece recollida igualmente no Catastro de Ensenada, e continúa viva na actualidade. Con todo, a tradición oral da parroquia sostén que a igrexa antiga de Candeán estaba situada uns 200 metros por debaixo da actual, nun lugar que presenta o revelador nome de Terra Santa (véxase este topónimo). A toponimia podería apoiar esta versión, pois á mencionada Terra Santa podemos engadir O Calvario , lugar que se encontra nunha posición intermedia entre o topónimo anterior e a igrexa actual. Nos calvarios que existen en moitas parroquias galegas, as cruces de pedra ascenden desde a igrexa ata un promontorio que representa O Calvario ou Gólgota , monte onde (segundo a tradición católica) se produciu a crucifixión de Xesús. Topónimos relacionados: O Camiño da Igrexa e A Suaigrexa .

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1