Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

27 T O P Ó N I M O S Sobre A Freiría encóntranse O Monte da Freiría e As Coutadas da Freiría . O topónimo A Freiría deriva do latín frate ‘irmán’ a través do provenzal Freyre (Rivas Quintas, 1982: 171). Alude a unha posesión dun mosteiro ou convento, que suxire que o actual núcleo de A Freiría ou as terras de cultivo que o rodean foron en tempo propiedade dunha orde relixiosa. O mosteiro de Santiago de Bembrive era o máis próximo á parroquia de Candeán. Goleta, A O Catastro de Ensenada rexistra no ano 1753 a existencia dun pequeno núcleo composto por dúas casas terreñas, unha terceira vivenda en ruínas, «un molino deuna rueda (…) y otro arruinado». Hoxe en día aínda se conservan os chamados Muíños da Goleta : O Muíño de Arriba e O Muíño de Abaixo . No mesmo documento do século xviii recóllese ademais a existencia dunhas terras de regadío no denominado «Cocho da Goleta». Ademais do topónimo que lle dá nome ao núcleo rural, a recollida de campo deparou tamén os nomes de lugar A Fonte da Goleta , O Pilón da Goleta e O Camiño da Goleta . Xerardo Dasairas (Candeán 2000: 22) propón para o topónimo A Goleta unha etimoloxía que o faría derivar do latín aqua levata ‘auga levada’. Aludiría neste caso a unha condución artificial (unha canle aberta ou un rego), que desviaría a auga dunha corrente natural para ser utilizada como forza motriz dos muíños de auga ou ben para regadío. Porén, os topónimos que presentan este significado sonorizan o -t- intervocálico inicial en -d- . É este o caso de A Golada , concello da provincia de Pontevedra. Por outro lado, a goleta como embarcación antiga a vela é un tipo de navío relativamente recente, que non se comezou a construír ata o século xviii . Tampouco se trata dunha voz popular no noso país, particularmente en poboacións non costeiras como é o caso de Candeán. Nicandro Ares (2010: 513) apunta dúas posibilidades, que recollemos aquí: o topónimo goleta podería proceder dunha palabra árabe, co significado de ‘boca de río’, ou ben derivar do latín gula ‘gorxa, garganta’. En ambos os casos, estaría aludindo probablemente a

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1